jueves, 20 de noviembre de 2014

martes, 7 de octubre de 2014

Asemblea Ordinaria

Convocamos a tódolos pais/nais, a asemblea ordinaria que celebraráse o mércores 8 de outubro de 2014, no Ies "Fraga Do Eume", as 4.30H en 1ª convocatoria, e ás 5h n 2ª convocatoria .

ORDE DO DÍA:

1-Aprobación das actas anteriores.
2-Memoria económica.
3-Memoria de actividades.
4-Transporte Escolar(bachiller) .
5-Renovación Xunta Directiva.
6-Suxestións e Preguntas.

Esta asemblea farase na biblioteca do centro, estaremos na entrada para indicar o lugar asignado. Contamos con vós.

                        
                                GRAZAS E NOS VEMOS O MÉRCORES

lunes, 23 de junio de 2014

viernes, 13 de junio de 2014

Formulario banco de libros(doar)

Formulario banco de libros(recoller)

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Obxecto da convocatoria e principais novidades

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.
As principais novidades desta convocatoria son:
1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).
Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.
2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros),
Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculados con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.


A documentación a achegar en cada caso é a seguinte:
Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2012:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, segundo establece o Decreto 229/2011, do 7 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 21), unicamente deberá presentar a solicitude de axuda.
O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitude da axuda.
Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.
3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

 Gratuidade solidaria: contía das axudas


Educación primaria:
  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

Educación secundaria obrigatoria:
  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 180 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 104 €.
No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.
O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.
Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia recibirán a axuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados

lunes, 2 de junio de 2014

Manifestación 31M


Resumo da Asemblea Xeral

Resumo Da Asemblea Xeral

Borrador do Plan de Convivencia

Borrador Plan de Convivencia